viernes, 17 de diciembre de 2010

As miñas aficións

Bueno xente, como xa sabedes, os que me coñecedes, eu son un rapaz moi deportista, por iso xogo ó fútbol desde que era un neniño, con 5 anos tan só. Pasei unha longa traxectoria no equipo da miña terra ( Tomiño FC.) e con 14 anos funme para o Sp. Guardés a xogar cos mellores de Galicia. Pero este ano toca reencontrarse coa xente que me criou e facelo o mellor posible para por o Tomiño onde se merece e calar bocas, de se o Tomiño non é un equipo, é unha banda etc. Pois a eses que dicen semellantes burradas, hai que demostrarlles que somos un equipazo, e máis este ano, xa que todo o equipo é un grupo de amigos moi unido e con moi bos coñecementos do que é este deporte, así que ánimo rapaces!
Como tamén se me nota bastante no meu gusto futbolístico, son do Barcelona, o mellor equipo do mundo na actualidade, onde están os mellores xogadores tamén, por suposto. O gran líder indiscutible deste Barcelona é o que nos ensina a todos a xogar, el é Xavi Hernández, o cerebro do club culé e da selección nacional.
Eu xogo na mesma posición ca este home, por iso e porque nadie ve o fútbol como el, intento facelo o mellor posible no campo para parecerme a este fenómeno que aspira a ser balón de ouro, o que o acreditaría como mellor xogador do mundo, e ao que tamén aspiran os seus compañeiros d eequipo andrés Iniesta e Leo Messi, o actual mellor xogador do mundo.
Como moita xente saberá, este deporte xurdiu de mans dos británicos alá pola Idade Media ata chegar ó que é o fútbol actual, con todas as estrelas que se ven todas as finde semana na televisión.

Bueno deixando a un lado o fútbol, gústame todo tipo de deporte, en especial os grandes de este país: tenis, baloncesto, F1 etc. e en especial o fútbol como xa sabedes.
Cando podo, sempre vou xogar cos colegas á cancha de tenis ou quedamos para ver calquera partido de fútbol (se é o Barça ou o Madrid mellor).
Para isto hai que levar unha vida o máis saudable posible, por iso cando salgo de festa, que por suposto tamén me encanta, teño que coidarme o máximo para render o que todos esperan, aínda que a veces non podo porque o corpo non sempre está ben ;)

Bueno xa para rematar, despois de contarvos a miña vida deportista, déixovos unhas fotos para que lle botedes unha ollada e despídome de todos vós desexándovos un BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!! UN SAUDO o voso amigo Alberto ;P


http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_del_f%C3%BAtbol




http://www.google.co.uk/imgres?imgurl=http://en.photosronaldinho.com/images/news/xavi-hernandez.jpg&imgrefurl=http://en.photosronaldinho.com/Content-xavi-hernandez-it-is-not-logical-to-doubt-the-professionalism-of-deco-and-ronaldinho__1102.aspx&usg=__YS_y6B4e0m3XgPU8sOONn4eBQcU=&h=253&w=262&sz=52&hl=en&start=0&zoom=1&tbnid=j7OOattrSBmTqM:&tbnh=159&tbnw=151&prev=/images%3Fq%3Dxavi%2Bhern%25C3%25A1ndez%26um%3D1%26hl%3Den%26sa%3DN%26biw%3D1276%26bih%3D819%26tbs%3Disch:1&um=1&itbs=1&iact=hc&vpx=653&vpy=248&dur=94&hovh=202&hovw=209&tx=116&ty=148&ei=HWQLTb_5DdLB8QPxwIjBDQ&oei=HWQLTb_5DdLB8QPxwIjBDQ&esq=1&page=1&ndsp=24&ved=1t:429,r:21,s:0