viernes, 25 de marzo de 2011

A SINGULARIDADE

 Según os especialistas, a singularidade é un acontecemento futuro que provocará unha especie de revolución tecnolóxica e do medio social debido ao desarrollo da intelixencia do ser humano.

Persoalmente penso que nesta vida nada é imposible, por iso non descarto que isto ocorra, pero nun futuro bastante lonxano porque non creo que tal e como están as cousas hoxe en día se vaian a realizar moitos avances na tecnoloxía e na sociedade. A intelixencia do ser humano por que non iba a crecer e mellorar? Penso que pode facelo e deixar bos resultados que nos acrediten como unha sociedade avanzada e próspera, pero como dixen antes, nun futuro lonxano...

Un saúdo!!!

viernes, 18 de marzo de 2011

CATÁSTROFE EN XAPÓN

Fai uns días, ocorreu en Xapón unha das maiores catástrofes mundiais nos últimos tempos. Un terremoto que se converteu nun tsunami destruiu un cento de pobos e causou miles de mortos, creo que se rexistraron ata o momento máis de dez mil mortes. Agora as persoas afectadas refúxianse donde poden, pabillóns...
E non só é ese o problema, senon que a central nuclear de Fukushima está en grave perigo polo desprendemento de radiacións nucleares que afecta a moitas persoas no mundo, (espérase que en pouco tempo chegue a California) e pola posibilidade de explosión, o que provocaría mortes a escala mundial e millóns de persoas afectadas pola radiación desprendida. Pero bueno, esperemos que a cousa non vaia máis e que non se estropee máis do que está, que bastantes desgracias e desesperación causou este desagradable feito. Desde aquí desexámoslle o mellor a Xapón e que sepan que todo o mundo está con eles!!!