viernes, 28 de enero de 2011

PAZ 2011

Unha das frases que máis me chamou a atención foi a seguinte:No hay camino para la paz, la paz es el camino(Mahatma Gandhi).
Bonita frase non? Pois eu creo que ten toda a razón, xa que para a paz non hai camiño porque non hai necesidade de que exista ese camiño. Como todos sabemos, a paz é necesaria neste mundo e precisamos que cada un de nós poña un garnciño de area, aínda que sexa pequeno, para conseguir o que todos creo que desexamos.

Como sabemos, isto é moi complicado, pero polo menos podemos reducir considerablemente os conflitos e conseguir que a sociedade sexa o máis "pacífica" posible. Por suposto haberá discrepancias entre moitas persoas, como non! Pero todos podemos conseguir que sexan de menos relevancia e iso, que todos sexamos moi bos, porque afin e o cabo, creo que nós non vimos ao mundo para facer mal, senón a aprender a desenvolvernos por nós mesmos e tomar como exemplo a persoas que nos consideremos ídolos ou heroes para nós, polo menos iso é o que trato de facer eu, non só na escola,(aí o fago a miña maneira) pero no resto das situacións cotiás, trato de asemellarme o máximo a persoas que eu admiro, iso si, sen renunciar a miña filosofía de vivir e ao meu estilo.

Bueno xa deixo de filosofar, que non sei se o estou facendo ben ou mal, veña, un saúdo e esperemos que este mundiño cambie para ben ou que polo menos, non empeore.

viernes, 14 de enero de 2011

Bueno primeiro de todo desexarvos un Feliz Ano 2011, que veña cargado de saude e de moitos éxitos deportivos, políticos etc.

E para empezar este novo ano, déixovos os acontecementos que para min foron os máis resaltados do pasado 2010. En primeiro lugar, está o mundial de fútbol conseguido pola selección española, a que chaman "La Roja", en Sudáfrica nunha apaixoante final contra Holanda.

En segundo lugar, apareceravos un remix dos grandes éxitos musicais do pasado ano realizado por Dj Earworm.

E para rematar, plasmareivos unha das maiores catásttrofes do 2010, xa sei que é un pouco inadecuada pero a verdade non sabía que por, e se non queredes, non a vexades.