viernes, 18 de febrero de 2011

                                                              EXIPTO
Como moitos de nós sabemos, en Exipto estase dando unha situación non moi agradable, xa que levan xa un tempo cunha serie de revoltas que non cesarán ata que que o presindente do país, Mubarak, non saia do seu posto.

Todas estas revoltas veñen dadas por unha solicitada reforma económica por parte dos cidadáns, e non só económica, senon que o presidente leva xa 30 anos gobernando e xente quere un cambio inmediato!

Mubarak foi bendecido cunha serie de millóns cos que pudo comprar a unha parte considerable dos 80 millóns de exipcios.

Uns dias antes de que sucederan estas revoltas, Mubarak fora anfitrión da Segunda Cumbre Árabe Económica, de Desarrollo Social no balneario de  Sharm al-Shaikh, onde chamou a un incremento na integración económica, a infraestructura rexional do transporte e o comercio entre os árabes.
Pero a pesar do que sucedeu no pasado, esta vez os exipcios tiñan poucos motivos para pensar que esta vez saldría todo como se planteara desde un principio. Mubarak resistiu chamadas á apertura política coa advertencia de que o fundamentalismo islámico arrasaría a tierra do Nilo. Pero Mubarak sufriu un espaldarazo por parte dos demais países implicados.

Fai uns días, Mubarak corroborou que faría un "traspaso pacífico" do poder, que reformará cinco artículos da Constitución e suprimir un sexto para facilitar a "alternancia no poder" e abrir a porta á fin da Lei de Emerxencia. Mubarak pretende a disolución do Parlamento e do Goberno. Isto provocou a molestia nos manifestantes, que se reuniron na plaza de Tahrir, onde saíu o presidente dicindo que estaba orgulloso do que fixera durante todos estes anos., e tamén dixo que se trasladarán algúns poderes ao vicepresidente  Sulaiman. E a todo isto, salindo xa do que é o ámbito político, unha das noticias de última hora é que Mubarak está en coma.

Bueno, con isto remato, e a ver se se resolve xa dunha vez estes problemas en Exipto e que se solucione todo!!! Un saúdo