viernes, 28 de enero de 2011

PAZ 2011

Unha das frases que máis me chamou a atención foi a seguinte:No hay camino para la paz, la paz es el camino(Mahatma Gandhi).
Bonita frase non? Pois eu creo que ten toda a razón, xa que para a paz non hai camiño porque non hai necesidade de que exista ese camiño. Como todos sabemos, a paz é necesaria neste mundo e precisamos que cada un de nós poña un garnciño de area, aínda que sexa pequeno, para conseguir o que todos creo que desexamos.

Como sabemos, isto é moi complicado, pero polo menos podemos reducir considerablemente os conflitos e conseguir que a sociedade sexa o máis "pacífica" posible. Por suposto haberá discrepancias entre moitas persoas, como non! Pero todos podemos conseguir que sexan de menos relevancia e iso, que todos sexamos moi bos, porque afin e o cabo, creo que nós non vimos ao mundo para facer mal, senón a aprender a desenvolvernos por nós mesmos e tomar como exemplo a persoas que nos consideremos ídolos ou heroes para nós, polo menos iso é o que trato de facer eu, non só na escola,(aí o fago a miña maneira) pero no resto das situacións cotiás, trato de asemellarme o máximo a persoas que eu admiro, iso si, sen renunciar a miña filosofía de vivir e ao meu estilo.

Bueno xa deixo de filosofar, que non sei se o estou facendo ben ou mal, veña, un saúdo e esperemos que este mundiño cambie para ben ou que polo menos, non empeore.

No hay comentarios:

Publicar un comentario